lunes, 22 de diciembre de 2025

Concerto de Nadal no auditorio de Ferrol

 Como outras veces, a Sociedade Filarmónica Ferrolana  pon a disposición do alumnado dos institutos de Ferrolterra entradas nos concertos que organiza. Nesta ocasión foi para o concerto de nadal do 18 de decembro, ao que asistiu o alumnado do coro que mostrou dispoñibilidade. Unha oportunidade e unha experiencia!









miércoles, 19 de noviembre de 2025

Recitado de poesía no Carvallo Calero

 O alumnado de 4º ESO de música, realizou o pasado 27 de outubro, un dos recitados de poesía cos que o noso centro participou no encontro de poesía entre centros de Ferrolterra, no centro cultural Carvallo Calero.

Recitaron o poema "Auga" de Xosé Neira Vilas sobre unha base musical e audiovisual creada por eles mesmos para esta ocasión. Unha vez no instituto levamos a cabo a gravación das voces na aula de polos creativos e este foi o resultado.



Esta actividade estivo ademáis enmarcada no plan proxecta de patrimonio: proxecto didáctico Antón Fraguas

lunes, 3 de noviembre de 2025

Historias de de Samaín

30 de outubro 2025 historias arrepiantes percorren o instituto, outro ano máis asistimos á visita dunha misteriosa comitiva.


E tamén

 Alumnado de coro acompaña na biblioteca, aos relatos das gañadoras do concurso de microrelatos de Samaín.

Nunha noite escura e bretemosa....



domingo, 26 de octubre de 2025

Concerto didáctico Play List. Real Filarmonía

 O venres 24 de outubro, o alumnado de 3º ESO tivo a ocasión de asistir ao concerto didáctico Play List, ofrecido pola orquestra Real Filarmonía no auditorio de Galicia en Santiago, dirixida por  Sebastián Zinca e apoiada co relato de Miguel Ángel Cagigal "O Barroquista" . Neste concerto exploramos as emocións que pode provocar en nós a música clásica, a través de obras de varios compositores como Biber, J. Strauss, Händel, Morricone ou Beethoven.







domingo, 19 de octubre de 2025

Auga

Abrimos novo curso no blog a través do resultado fotográfico e musical, dun paseo realizado a principios de outubro polo alumnado de 4º nunha clase de música. A auga foi o principal motivo e será tamén o tema do recitado de poesía que terá lugar no centro cultural Carvallo Calero en Ferrol o próximo 27 de outubro.






jueves, 26 de junio de 2025

lunes, 23 de junio de 2025

Celebramos a chegada do verán

O noso centro celebrou con música tradicional o solsticio de verán, unha época de calidez, luz e abundancia. Unha colleita de cantigas que se traballou no marco Plan Proxecta Antón Fraguas.


 

IMAGINE

 19 de xuño rematamos o curso cantando Imagine de John Lennon na graduación de 4ºESO. Moitos parabéns a todos os compoñentes do coro por pol...