domingo, 5 de abril de 2026

Loch Lomond en Xubia

 O alumnado de 3º ESO interpretou esta coñecida melodía popular ecocesa, o pasado 27 de marzo na visita ás instalacións de Galicia textil. Esta histórica fábrica de Xubia, centro de actividade para toda a comarca situada xunto á desembocadura do río, conserva algúns edificios lembranza do seu pasado, como a capela do S.XIX onde tivo lugar esta interpretación.

Esta actividade estivo enmarcada no plan proxecta de patrimonio: proxecto didáctico  Antón Fraguas.








Encontro coral

 O coro Solidarium do IES Terra de Trasancos visitounos o pasado 26 de maio, e pasamos unha xornada fantástica xuntos, para escoitar, cantar...