OFERTA DE MATERIAS OPTATIVAS DO DEPARTAMENTO EN 4º ESO E BACHARELATO
jueves, 20 de febrero de 2025
domingo, 9 de febrero de 2025
Preguntas sen resposta?
O pasado venres 7 de febreiro o alumnado de 3º ESO puido disfrutar do concerto ofrecido pola orquestra Real Filarmonía no Auditorio de Galicia en Santiago. O título da proposta: Preguntas sen resposta? Por medio da intelixencia artificial os compositores Mahler, Shostakovich, Ives e o gran Beethoven, asistiron á sala explicando persoalmente as súas obras. Un repertorio que planteaba algunhas cuestións existenciais, facendo pensar aos preto de mil rapaces e rapazas que asistiron ao evento.
martes, 7 de enero de 2025
Nadal 2024
20 de decembro, celebramos a chegada do Nadal e das vacacións.
Grazas a todos e todas por participar e Feliz 2025
domingo, 24 de noviembre de 2024
Chea de vida. Cantamos polo bo trato.
O alumnado de 1º ESO participou na marcha polo bo trato, percorrendo todo o paseo marítimo ata a praza do concello, onde se gardou un minuto de silencio. Na casa da cultura leron poemas e fixeron fantásticas postas en escea, para concluir cantamos a canción de Guadi Galego: "Chea de vida"
domingo, 17 de noviembre de 2024
Arrepiante Samaín 2024
O alumnado de 3º ESO preparou este arrepiante Samaín, e unha misteriosa comitiva percorreu os corredores do instituto.
O alumnado do coro fixo tamén a súa primeira posta en escea.
Parabéns a todos!
domingo, 20 de octubre de 2024
martes, 25 de junio de 2024
O son do noso sentir
En Neda en 1978 un grupo de xóvenes despois de pasar unha tarde entretida, deciden sacar unha foto para lembrar a súa amizade. Esa foto será o principio de esta historia, na que se mesturan o presente e o pasado, as emocións, as lembranzas, o apego, a amizade e a axuda mútua.
O son do noso sentir. Curtametraxe creada na clase de música de 4º ESO
IMAGINE
19 de xuño rematamos o curso cantando Imagine de John Lennon na graduación de 4ºESO. Moitos parabéns a todos os compoñentes do coro por pol...
-
O pasado 25 de abril o alumnado de 3º ESO realizou unha visita guiada ao muiño de Xuvia. Actividade enmarcada dentro do Plan Proxecta Antón ...
-
Tríptico do Plan Proxecta Antón Fraguas, coa participación activa do alumnado de música
-
16 de maio, celebramos as letra galegas, adicadas este ano á poesía popular de tradición oral e cantada. Celebrámolo con música tradicional ...






