19 de xuño rematamos o curso cantando Imagine de John Lennon na graduación de 4ºESO. Moitos parabéns a todos os compoñentes do coro por polo traballo tan ben feito durante este curso. Feliz verán!
jueves, 2 de julio de 2026
sábado, 20 de junio de 2026
Tres historias no Pazo da Merced
Na ribeira de Neda rodeado de natureza levántase o Pazo da Merced, unha construcción do S.XVI chea de historia que conta incluso cunha pequena capela adicada á Virxe da Merced. Conta a lenda que xa na Idade Media, un paso por debaixo da ría conectaba o Mosteiro do Couto con esta beira da ría. Durante o S. XVIII o pazo tivo actividade industrial como fábrica de curtidos e mediado o S. XIX funcionou como convento franciscano. Cara a 1925 pasa a mans do popular médico Francisco Cebreiro, Don Paco o da Merced, e xa na década dos 80 o pazo é restaurado para converterse en aloxamento turístico.
Todo este patrimonio e riqueza cultural moveu este curso a imaxinación e creatividade do alumnado de 4º ESO que ideou dende cero a creación das seguintes pezas audiovisuais: temas, guión , personaxes, ideas musicais,interpretación, gravación e montaxe.
lunes, 1 de junio de 2026
Encontro coral
O coro Solidarium do IES Terra de Trasancos visitounos o pasado 26 de maio, e pasamos unha xornada fantástica xuntos, para escoitar, cantar e aprender!
domingo, 24 de mayo de 2026
Alumnado do coro en Celanova
19 de maio. Alumnado das diferentes actividades promovidas polo centro durante este curso; clubs de lectura, papiroflexia e coro tiveron a oportunidade de pasar o día na vila de Celanova en Ourense, visitando o seu coñecido mosteiro, parte do cal constitúe tamén o IES Celso Emilio Ferreiro de Celanova. Unha xornada completísima con concerto de órgano, piano, poesía, historia e natureza.
Gravacións no Pazo da Merced
18 de maio. No marco do Plan Proxecta (Proxecto Didáctico Antón Fraguas), o alumnado de 4º ESO de música visitou o Pazo da Merced, onde realizou unha serie de gravacións de cara a completar o seu proxecto de creación audiovisual.
Pegadas medievais
Alumnado de 2º ESO desprazouse en maio ao concello de San Sadurniño. Na búsqueda do pasado e patrimonio medieval estivemos no Castelo de Naraío. Como irmandiños pero armados con frautas e guitarras exploramos as súas ruinas e paseamos pola fraga que percorre o río Castro deixando a nosa pegada musical. Pegada que tamén deixamos xunto ao convento do Rosario, cuxo pasado é templario, pero que máis adiante pasou a ser convento franciscano e dominico e en cuxa igrexa están soterrados destacados persoeiros medievais da nosa bisbarra. Rematamos a mañá no Pazo da Marquesa, onde actualmente se atopa o concello. Ali fixemos a última interpretación musical e o alcalde achegouse a escoitarnos.
Esta actividade estivo enmarcada dentro do Plan Proxecta de patrimonio, proxecto didáctico Antón Fraguas.
sábado, 9 de mayo de 2026
Outro ano participando no Musiqueando
#Musiqueando 2026
#Proxecto Didáctico Antón Fraguas
domingo, 5 de abril de 2026
Loch Lomond en Xubia
O alumnado de 3º ESO interpretou esta coñecida melodía popular ecocesa, o pasado 27 de marzo na visita ás instalacións de Galicia textil. Esta histórica fábrica de Xubia, centro de actividade para toda a comarca situada xunto á desembocadura do río, conserva algúns edificios lembranza do seu pasado, como a capela do S.XIX onde tivo lugar esta interpretación.
Esta actividade estivo enmarcada no plan proxecta de patrimonio: proxecto didáctico Antón Fraguas.
lunes, 16 de marzo de 2026
Rosalía no piano
Con ocasión da celebración do día de Rosalía, xa empezado o mes de marzo, Mikaella Santos acompañou ao piano aos seus compañeiros de 2º Bach, Xavier e Natalia, que fixeron unha lectura do coñecido poema de Rosalía. A interpretación ao piano de Mikaela foi propia e orixinal, adaptada a este poema.
domingo, 15 de febrero de 2026
Innovart 2026
O mércores 11 de febreiro o alumnado de 4º ESO, tivo a oportunidade de asistir ao evento Innovart 2026, que durante estes últimos anos se ven celebrando para mostrar as posibilidades das ensinanzas artísticas, así como das deportivas e de idiomas.
Profundizamos na cultura chinesa co obradoiro: O chinés ao teu ritmo.
domingo, 4 de enero de 2026
Nadal 2025
Aquí tedes unha mostra das actuacións musicais que tiveron lugar no festival de nadal do pasado 19 de decembro. Parabéns a tod@s pola vosa participación.
lunes, 22 de diciembre de 2025
Concerto de Nadal no auditorio de Ferrol
Como outras veces, a Sociedade Filarmónica Ferrolana pon a disposición do alumnado dos institutos de Ferrolterra entradas nos concertos que organiza. Nesta ocasión foi para o concerto de nadal do 18 de decembro, ao que asistiu o alumnado do coro que mostrou dispoñibilidade. Unha oportunidade e unha experiencia!
miércoles, 19 de noviembre de 2025
Recitado de poesía no Carvallo Calero
O alumnado de 4º ESO de música, realizou o pasado 27 de outubro, un dos recitados de poesía cos que o noso centro participou no encontro de poesía entre centros de Ferrolterra, no centro cultural Carvallo Calero.
Recitaron o poema "Auga" de Xosé Neira Vilas sobre unha base musical e audiovisual creada por eles mesmos para esta ocasión. Unha vez no instituto levamos a cabo a gravación das voces na aula de polos creativos e este foi o resultado.
lunes, 3 de noviembre de 2025
Historias de de Samaín
30 de outubro 2025 historias arrepiantes percorren o instituto, outro ano máis asistimos á visita dunha misteriosa comitiva.
Nunha noite escura e bretemosa....
domingo, 26 de octubre de 2025
Concerto didáctico Play List. Real Filarmonía
O venres 24 de outubro, o alumnado de 3º ESO tivo a ocasión de asistir ao concerto didáctico Play List, ofrecido pola orquestra Real Filarmonía no auditorio de Galicia en Santiago, dirixida por Sebastián Zinca e apoiada co relato de Miguel Ángel Cagigal "O Barroquista" . Neste concerto exploramos as emocións que pode provocar en nós a música clásica, a través de obras de varios compositores como Biber, J. Strauss, Händel, Morricone ou Beethoven.
domingo, 19 de octubre de 2025
Auga
Abrimos novo curso no blog a través do resultado fotográfico e musical, dun paseo realizado a principios de outubro polo alumnado de 4º nunha clase de música. A auga foi o principal motivo e será tamén o tema do recitado de poesía que terá lugar no centro cultural Carvallo Calero en Ferrol o próximo 27 de outubro.
jueves, 26 de junio de 2025
lunes, 23 de junio de 2025
Celebramos a chegada do verán
O noso centro celebrou con música tradicional o solsticio de verán, unha época de calidez, luz e abundancia. Unha colleita de cantigas que se traballou no marco Plan Proxecta Antón Fraguas.
domingo, 25 de mayo de 2025
CELEBRAMOS AS LETRAS
16 de maio, celebramos as letra galegas, adicadas este ano á poesía popular de tradición oral e cantada. Celebrámolo con música tradicional cantada, tocada e bailada.
domingo, 4 de mayo de 2025
VISITA E MÚSICA NO MUIÑO DE XUVIA
O pasado 25 de abril o alumnado de 3º ESO realizou unha visita guiada ao muiño de Xuvia. Actividade enmarcada dentro do Plan Proxecta Antón Fraguas. Ademáis levaron a cabo neste entorno tan destacado na historia local, a interpretación da melodía popular irlandesa Bryan Boru´s march.
IMAGINE
19 de xuño rematamos o curso cantando Imagine de John Lennon na graduación de 4ºESO. Moitos parabéns a todos os compoñentes do coro por pol...
-
Alumnado de 2º e 3º ESO participa no Musiqueando 2026, iniciativa promovida pola COAEM en todo o estado, que consiste en sacar o traballo f...
-
O pasado 25 de abril o alumnado de 3º ESO realizou unha visita guiada ao muiño de Xuvia. Actividade enmarcada dentro do Plan Proxecta Antón ...
-
Tríptico do Plan Proxecta Antón Fraguas, coa participación activa do alumnado de música




.jpg)




