Alumnado de 2º ESO desprazouse en maio ao concello de San Sadurniño. Na búsqueda do pasado e patrimonio medieval estivemos no Castelo de Naraío. Como irmandiños pero armados con frautas e guitarras exploramos as súas ruinas e paseamos pola fraga que percorre o río Castro deixando a nosa pegada musical. Pegada que tamén deixamos xunto ao convento do Rosario, cuxo pasado é templario, pero que máis adiante pasou a ser convento franciscano e dominico e en cuxa igrexa están soterrados destacados persoeiros medievais da nosa bisbarra. Rematamos a mañá no Pazo da Marquesa, onde actualmente se atopa o concello. Ali fixemos a última interpretación musical e o alcalde achegouse a escoitarnos.
Esta actividade estivo enmarcada dentro do Plan Proxecta de patrimonio, proxecto didáctico Antón Fraguas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario