domingo, 24 de mayo de 2026

Alumnado do coro en Celanova

 19 de maio. Alumnado das diferentes actividades promovidas polo centro durante este curso; clubs de lectura, papiroflexia e coro tiveron a oportunidade de pasar o día na vila de Celanova en Ourense, visitando o seu coñecido mosteiro, parte do cal constitúe tamén o IES Celso Emilio Ferreiro de Celanova. Unha xornada completísima con concerto de órgano, piano, poesía, historia e natureza.


Organista e coro interpretaron "Herba de namorar", non estaba preparado pero saiu moi ben!















Gravacións no Pazo da Merced

18 de maio. No marco do Plan Proxecta (Proxecto Didáctico Antón Fraguas), o alumnado de 4º ESO de música visitou o Pazo da Merced, onde realizou unha serie de gravacións de cara a completar o seu proxecto de creación audiovisual.







Pegadas medievais

 Alumnado  de 2º ESO desprazouse en maio ao concello de San Sadurniño. Na búsqueda do pasado e patrimonio medieval estivemos no Castelo de Naraío. Como irmandiños pero armados con frautas e guitarras exploramos as súas ruinas e paseamos pola fraga que percorre o río Castro deixando a nosa pegada musical. Pegada  que tamén deixamos xunto ao convento do Rosario, cuxo pasado é templario, pero que máis adiante pasou a ser convento franciscano e dominico e en cuxa igrexa están soterrados destacados persoeiros medievais da nosa bisbarra. Rematamos a mañá no Pazo da Marquesa, onde actualmente se atopa o concello. Ali fixemos a última interpretación musical e o alcalde achegouse a escoitarnos.

Esta actividade estivo enmarcada dentro do Plan Proxecta de patrimonio, proxecto didáctico Antón Fraguas.








sábado, 9 de mayo de 2026

Outro ano participando no Musiqueando

 Alumnado de 2º e 3º ESO participa no Musiqueando 2026, iniciativa promovida pola COAEM en todo o estado, que consiste en sacar o traballo feito nas aulas á rúa para poñer en valor a importancia da educación musical en todas as etapas do proceso educativo. Estas actividades estiveron enmarcadas tamén no Proxecto Didáctico Antón Fraguas (Plan Proxecta de patrimonio), no que o centro participa.


No pazo de San Sadurniño, alcalde baixou a escoitarnos




#Musiqueando 2026

#Proxecto Didáctico Antón Fraguas