lunes, 14 de abril de 2025

MUSIQUEANDO 2025

 O pasado venres 11 de abril, unha vez máis saimos á rúa para celebrar o Musiqueando e para sinalar a importancia do ensino musical en todas as etapas do proceso educativo. Esta actividade está promovida pola COAEM (confederación de asociaciones de educación musical del estado español) e ten seguimento en innumerables centros de primaria e secundaria.

A actividade estivo enmarcada tamén dentro do Plan Proxecta de patrimonio Antón Fraguas, no que o centro está inscrito, polo que realizamos un roteiro dende o instituto, cruzando a vila de Neda e a ría, pasando pola igrexa gótica de San Nicolás e chegando ata o mosteiro románico de San Martíño no Couto, onde fixemos a intepretación de dúas cantigas medievais.

Estas son algunhas pegadas do noso percorrido




Alumnado de 2º ESO e alumnado do coro do IES Fernando Esquío

Resumo do roteiro e a visita realizada