O pasado martes 31 de outubro alumnado de 2º ESO de exención de francés contounos historias arrepiantes na biblioteca creadas por eles mesmos, co acompañemento dunha inquietante tormenta e a musica interpretada polo alumnado de música de 4º.
Un bo comezo no inicio do curso, un paseo polo Xuvia. O pasado 10 de outubro a clase de musica de 4º ESO, desenvolveuse desta maneira. Buscamos ideas, compartimos historias, sentamos bases para a creación dun proxecto.