O alumnado de 3º ESO preparou este arrepiante Samaín, e unha misteriosa comitiva percorreu os corredores do instituto.
O alumnado do coro fixo tamén a súa primeira posta en escea.
Parabéns a todos!
Blog da aula de música do IES Fernando Esquío.
O alumnado de 3º ESO preparou este arrepiante Samaín, e unha misteriosa comitiva percorreu os corredores do instituto.
O alumnado do coro fixo tamén a súa primeira posta en escea.
Parabéns a todos!
En Neda en 1978 un grupo de xóvenes despois de pasar unha tarde entretida, deciden sacar unha foto para lembrar a súa amizade. Esa foto será o principio de esta historia, na que se mesturan o presente e o pasado, as emocións, as lembranzas, o apego, a amizade e a axuda mútua.
O son do noso sentir. Curtametraxe creada na clase de música de 4º ESO
“Os animais”, unha canción de Luar na Lubre, que conta unha lenda que di, que a coñecida Arca de Noé, navegou días e días ata quedar encaiada nun monte da actual Noia.
Esta canción lémbranos que quizais todos nós vaiamos navegando nunha xigantesca nave que debemos coidar, as nosas fragas, os mares, os ríos e as rías. E así desta maneira, nunca remate esta canción.
A última fase do proxecto de creación dunha curtametraxe en 4º ESO culmina coa presentación do mesmo á comunidade educativa. O son do noso sentir estrearase o 24 de xuño na Casa da Cultura do concello de Neda. Neste mesmo evento terá lugar tamén a presentación de outros traballos realizados igualmente no contexto do Contrato Programa Inclúe, como o audiovisual Eu non calo, elaborado polo equipo de mediación así como a intervención do coro.
O alumnado de 3º ESO fixo a súa aportación ao Musiqueando 2024, xa no mes de maio, agardando máis que nada a que o tempo o permitira.
O 7 de maio de 1824, interpretouse por vez primeira a Novena Sinfonía de Beethoven, cuxa Oda á Ledicia contén un profundo significado, transmitindo unha mensaxe de esperanza e fraternidade.
Hoxe cúmplense 200 anos de esta efeméride
O alumnado de 3º ESO preparou este arrepiante Samaín, e unha misteriosa comitiva percorreu os corredores do instituto. O alumnado do coro f...